Convocatorias Extensión Universitaria

Ensaiamos 2017/2018. 

 Para aqueles grupos e solistas que o soliciten do 29 de setembro ao 10 de outubro de 2017, a Universidade de Vigo pon a súa disposición o Teatro Vida Bolaño da Cidade Universitaria para os seus ensaios. O local conta con todos os medios técnicos necesarios: unha bateria de 5 corpos, 2 amplificadores de guitarra de 100 W, un amplificador de baixo de 150 W, mesa de mezclas, micrófonos, cables...

Xuntanza para definir os horarios o día 11 de outubro de 2017, ás 12:00 horas na Sala I do Edificio Miralles (asistencia obrigatoria).

Convocatoria de prazas e axudas de aloxamento 

Convocatoria Persoal Colaborador nas probas de acceso á Universidade 2017 

Doazón de material informático 

A presente convocatoria ten por obxecto a doazón de material informático en desuso da Universidade de Vigo para asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro. Para solicitala, débese cubrir o Anexo I e presentalo ata o 26 de maio de 2017 nalgún dos rexistros da universidade.

Axudas de Extensión Universitaria 2017. Convocatoria de actividades extraacadémicas e de difusión cultural 

A Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais resolve convocar axudas de Extensión Universitaria para as seguintes actividades: Accións participativas e asociacionismo, Actividades extraacadémicas e de difusión cultural, Cursos e Obradoiros.

Talleres do Gabinete Psicopedagóxico 

 
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal