EN QUE CONSISTE O NOSO VOLUNTARIADO

 

O VOLUNTARIADO NA UNIVERSIDADE DE VIGO
A Universidade de Vigo, atendendo ás inquedanzas dos membros da comunidade universitaria, ten en marcha un programa de voluntariado que depende da Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais e está organizado polo Servizo de Xestión da Extensión Universitaria.
O programa desenvólvese conforme as directrices establecidas pola Lei 10/2011, de 28 de novembro, de acción voluntaria (DOG do 21 de decembro) e polo Regulamento de Voluntariado da Universidade de Vigo (aprobado no Consello de Goberno do 24 de xullo de 2013).

 

OBXECTIVOS XERAIS

  1. Promover a integración do alumnado propio na realidade social e universitaria como parte fundamental da súa formación integral e complemento necesario dos seus coñecementos académicos.
  2. Fomentar a participación dos membros da comunidade universitaria en actividades voluntarias, que desexe encarreirar as súas inquedanzas sociais, cooperativas e solidarias.
  3. Difundir entre a comunidade universitaria información sobre as actividades de carácter social desenvoltas por ONG’s, institucións e fundacións, en especial as que desenvolven a súa actividade nas localidades nas que se atopan os campus da Universidade de Vigo.
  4. Propiciar e colaborar no desenvolvemento de estudios e traballos sobre temas relacionados co voluntariado e coa problemática social do entorno.

 

REQUISITOS para participar no voluntariado da Universidade de Vigo

  • Ser membro da comunidade universitaria.
  • Querer colaborar nalgún proxecto de voluntariado
  • Dispor de tempo libre para dedicarlle á actividade na que te comprometas a colaborar

 

PROXECTOS / PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO

Proxectos de colaboración entre os que poden facer a súa escolla:

  • Proxectos propios da Universidade de Vigo.
  • Proxectos en colaboración con entidades do entorno.

 


ÁMBITOS DE ACTUACIÓN

  • Apoio a estudantes con necesidades especiais.
  • Persoas con discapacidades físicas e/ou psíquicas.
  • Infancia.
  • Xuventude.
  • Maiores.
  • Muller – igualdade das mulleres.
  • Colectivos socialmente desfavorecidos.
  • Minorías étnicas – persoas inmigrantes.
  • Toxicomanías.
  • Atención hospitalaria.
  • Saúde.
  • Cultura e defensa do patrimonio cultural
  • Consumo – protección de persoas consumidoras e usuarias.
  • Educación.
  • Fomento do uso de novas tecnoloxías.
  • Cooperación internacional.
  • Medio ambiente.
  • Ocio e tempo libre.
  • Deportes.
  • Intercambio lingüístico (galego-castelán) – defensa dos dereitos lingüísticos.

 

Rectoría | University Campus | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibility | Site map | Legal Advise